Curriculum Vitae Resumido
Adolfo Pérez Abellás é Profesor Contratado Doutor na Universidade de Vigo, no Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación da Facultade de Ciencias da Educación (Campus de Ourense).
Ten participado en numerosos cursos de formación. Foi poñente en varias xornadas e coordinador de mesas de discusión en varios congresos así como secretario-coordinador e director de cursos de formación de PDI: “Coreografías didácticas na Universidade: experiencias e innovaciones”, “A titoría na Universidade no marco do Espazo Europeo de Educación Superior”, “O Practicum máis aló do emprego: Formación vs. Training”, “Unha fotografía supón unha explosión didáctica”, “Encerado dixital e web 2.0 na aula: misión imposible”. Xornadas TIC na ensinanza: perfeccionamento”, “A tutoría no Practicum nos novos títulos de grao e máster de formación do profesorado”, entre outros.
Na actualidade imparte docencia nas titulacións de grao de Educación Infantil e Primaria de Organización Escolar e Deseño Curricular; dirixe traballos fin de grao e titoría do Practicum no grao de Primaria.
Así mesmo imparte clases no Máster Universitario en Profesorado (antes CAP) dende o ano 2000 ata a actualidade, organizado antes polo ICE da Universidade de Santiago de Compostela e actualmente pola Universidade de Vigo, no Módulo de Deseño Curricular e Organización Escolar na Ensinanza Secundaria, así como seminarios e/ou conferencias para a formación do PDI.
Ten publicado, conxuntamente, artigos en revistas, entre os máis recentes: A titoría na ESO: percepcións dos profesores-titores de centros públicos e concertados no Concello de Ourense Ciencias da Educación (2008); As prácticas de ensinanza declaradas dos “mellores profesores” da Universidade de Vigo (RELIEVE, 2009); A titoría no Practicum. Revisión da literatura (Revista de Educación, 2011).
Ten publicado libros, solo e/ou conxuntamente, sobre as temáticas antes mencionadas: A titoría: factor de calidade da ensinanza (Tórculo, 2007); O PRACTICUM: boas prácticas no Espazo Europeo de Educación Superior (Tórculo, 2007); Coreografías didácticas na Universidade: experiencias e innovacións (Andavira, 2009); A titoría no Practicum. Aportacións dos Simposios de Poio (Andavira, 2010); A calidade docente na Universidade de Vigo (Andavira, 2010).
Participou en varios proxectos de investigación dirixidos polo profesor Zabalza, entre eles, “A Titoría na universidade” e “Informe sobre a educación especial en Galicia”. Na actualidade forma parte, como investigador, dos proxectos: “Elicitación e representación do coñecemento de profesores universitarios protagonistas de boas prácticas docentes: enxeñaría do coñecemento para a mellora da calidade da docencia”, presentado ao Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación tecnolóxica 2004-2007, “Recuperación e representación do coñecemento experto do profesorado emérito das universidades españolas” Plan Nacional de I+D+i 2008-2011, Deseño Curricular e Boas Prácticas en Educación Infantil: unha visión internacional, multicultural e interdisciplinar (EDU2012-30972), “Rede de Investigación e Educación e Formación para a Cidadanía e a Sociedade do Coñecemento”, dirixido polo profesor José Antonio Caride Gómez e, como investigador principal, no proxecto “As coreografías didácticas dos mellores profesores universitarios do campus de Ourense”, referencia INOU10-14.